Un mergullador resultou ferido tras recibir un golpe dunha embarcación en Boiro

23 Febreiro 2022

Un mergullador foi evacuado en helicóptero ao Hospital do Barbanza despois de recibir un golpe dunha embarcación cando pescaba somerxido no mar, en Boiro. 

O golpe desencadeou no mal da presión (descompresión) ao tratar de emerxer de forma repentina.

Foron os membros da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal quen contactaron co 112 Galicia mentres o ferido estaba xa sendo trasladado ao Peirao de Escarabote, en Boiro. Alí acudiu o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Santiago co obxectivo de realizar unha evacuación rápida ao Hospital do Barbanza.

Para colaborar co equipo médico, os xestores do 112 Galicia pediron a intervención dos membros do servizo local de Protección Civil de Boiro, así como dos axentes da Policía Local e da Garda Civil, que recollerán toda a información relacionada con este accidente no ámbito laboral.  

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...