Suma Ribeira condiciona o seu apoio ao POS a que se cumpran as súas peticións en materia de accesibilidade

07 Febreiro 2022

Suma Ribeira vén de lanzar un comunicado a respecto do Plan de Obras e Servizos da Deputación e a súa postura respecto das propostas locais. Segundo fai saber a agrupación, esta condicionará o seu voto a favor do POS 2022 da Deputación (POS) a que o Goberno local cumpra o compromiso adquirido con Suma Ribeira de “reservar unha partida aproximada duns 100.000 euros para acometer unha serie de obras prioritarias que melloren a accesibilidade e mobilidade en distintos puntos do concello”.

Dende Suma Ribeira fan saber que o grupo mantivo un encontro recente co alcalde, Manuel Rivas, para facerlle entrega dun dossier froito dunha campaña feita entre veciños e veciñas, a través da cal achegáronse imaxes dos lugares onde hai maiores eivas, co obxecto de que se teñan en conta no futuro POS. Para a agrupación, o Plan ten que corrixir os accesos que non son accesíbeis en beirarrúas e pasos peonís, entre outras actuacións, dun xeito equilibrado, ademais, entre as distintas parroquias.

Para a plataforma cidadá ribeirense, é “inescusábel para poder votar a favor o próximo mércores que se cumpran os compromisos adquiridos polo alcalde na dita reunión, na que asumiu as achegas expostas polo voceiro de Suma, Xurxo Ferrón”.

Ferrón advirte de que o acordado implica que “neste ano se realicen a inmensa maioría das obras propostas que non requiran de permisos doutras administración e procurarase solucionar as que si precisan”.

En canto ás obras de nova creación, Suma Ribeira adianta tamén que “non nos imos deixar impresionar porque na descrición de cada obra nova figure a palabra accesibilidade, pois é de supoñer que xa deben ser propostas con ditos parámetros”. E engaden: “O verdadeiro e real compromiso coa accesibilidade pasa por uns investimentos acaídos para a adaptación de infraestruturas que nestes momentos presentan eivas nesta materia”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...