Sete establecementos turísticos da comarca melloraron a súa oferta coas axudas recentes da Xunta

22 Febreiro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este martes 22 de febreiro as instalacións do Camping Praia Ría de Arousa, na Pobra, un dos negocios beneficiados pola orde de axudas para financiar melloras nos establecementos turísticos de aloxamento e restauración do ano pasado. Na visita animou aos representantes do sector turístico da comarca do Barbanza a volver a solicitar estas axudas este ano, xa que, dixo, a Xunta publicou a nova convocatoria que contará con 2 millóns de euros.

Tamén lembrou que ao abeiro destas axudas, o ano pasado recibiron estes apoios catro hoteis da Pobra, Outes e Ribeira e tres restaurantes da Pobra, Outes e Ribeira que recibiron conxuntamente máis de 100.000 euros.

Trenor subliñou que estas axudas permiten renovar e modernizar as instalacións dos establecementos turísticos de aloxamento -locais hoteleiros, campamentos de turismo, casas de turismo rural, apartamentos e albergues turísticos- e negocios de restauración “co obxectivo de consolidar unha oferta turística de calidade e competitiva”.

A resolución, engadiu, recolle un importe máximo por solicitude de ata 50.000 euros que se pode destinar a actuacións como accións para mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas, obras nas instalacións para obter certificacións de calidade como a Q de calidade turística ou para que o establecemento suba de categoría, a renovación e a modernización do local xunto co embelecemento da contorna, a adquisición de equipamentos móbeis necesarios para o seu funcionamento, medidas de aforro enerxético con actuacións na climatización ou nos sistema de extracción e renovación de aire, avances na dixitalización dos sistemas de comercialización e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes desde o pasado 8 de febreiro de forma telemática a través da sede electrónica da Xunta.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

No era un día máis Yo le vi triste, bajo un árbol, a la sombra que este le regalaba. Hacia calor, mucho calor, le compre un helado de hielo, se lo pase por la boca y lo disfrutaba. Le pregunte que se volviera conmigo, no quiso, digo que sus amigos volverían por él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.