Ribeira incorpórase un novo axente á Policía Local á espera do nomeamento de tres máis

10 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira vén de confirmar que a Policía Local conta dende este mes cun novo axente, logo do nomeamento como funcionario de carreira de Luis Javier Dieste Lesende. Así foi anunciado o pasado luns 7 de febreiro no Boletín Oficial da Provincia.

Ademais, o Concello lembra que a través da Academia Galega de Seguridade Pública estase en pleno proceso selectivo con 324 aspirantes para 70 prazas do corpo de Policía local de 29 concellos, entre elas 3 correspondentes ao de Ribeira, precisamente. De feito, esta semana está programado realizar as probas de aptitude física no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e en abril comezará no AGASP un curso de formación teórico-práctico obrigatorio antes de que os que o superen poidan elixir destino e ser nomeados funcionarios en prácticas.

Deste xeito, explican fontes do Consistorio, “agárdase que nosos meses verán Ribeira conte con catro axentes máis que cando principiou o ano”.

Outros artigos

Deporte e arte centraron a axenda municipal de Ribeira no marco do 8M

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, participaron este xoves 5 de marzo nos dous actos programados ao abeiro da axenda deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller: a mesa redonda Muller, deporte e saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.