
O Concello de Ribeira e ICE Renovación subscribiron esta mañá un convenio en virtude do cal a administración municipal vai colaborar con esta segunda entidade na próxima posta en marcha de dous novos servizos dentro do seu programa de axuda a colectivos de necesitados e en risco de exclusión. En concreto, unha lavandería solidaria e un calor café.
No acto de firma celebrado no salón de plenos estiveron presentes o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Servizos Sociais Ana Barreiro; e José Urbano e Jonathan Figueirido no nome de ICE Renovación.
Este último abriu a quenda de intervencións explicando que no marco do traballo de atención ás persoas desfavorecidas que veñen desenvolvendo desde vai varios anos (xunto con Dignidade Ribeira), decidiron implantar na súa sede da rúa Cervantes, nº11, estes dous novos servizos que se unen ao roupeiro e aos almorzos solidarios que xa teñen en funcionamento: por un lado unha lavandería para prestar asistencia ás persoas que atopan dificultades á hora de lavar a súa roupa e, por outro, o denominado calor café para proporcionar un punto de encontro onde poder socializar, realizar actividades de ocio ou tomar un café.
Manuel Ruiz eloxiou o exemplo de ICE Renovación e de toda a xente involucrada nas distintas asociacións á hora de botar unha man aos Servizos Sociais para que ningún veciño quede atrás.
Próximas colaboracións
O alcalde avanzou que aparte do obxecto deste convenio (no que a administración local aporta 1.500 euros) dende o Concello xa se está traballando coa entidade na planificación de futuras colaboracións
que contribúan ao seu labor benéfico.
