O alumnado das aulas de educación para persoas adultas que promove a Concellería de Educación do Concello de Boiro celebrou os exames para obter a titulación. A aula municipal de educación para persoas adultas, destinada a persoas maiores de 18 anos (que non posúan o título da ESO), está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado desprazouse a Boiro para levar a cabo as avaliacións.

A aula ofrece a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Entre os seus obxectivos específicos están os de proporcionar e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional e transmitir conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral.
Nesta curso participaron arredor de 60 persoas repartidas entre os catro módulos ofertados (1º, 2º, 3º e 4º). Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), lingüístico (galego, castelá, inglés ou francés) e social.