Porto do Son, Boiro, Rianxo e Lousame beneficiáronse en 2021 do plan de prevención de incendios forestais da Xunta

14 Febreiro 2022

O Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural para 2021 tiña unha meta: adiantarse aos lumes e acadar unha estrutura forestal para contribuír a minguar os danos ocasionados polos incendios, tanto ambientais coma económicos, partindo do feito de que o sector forestal é un elemento fundamental na economía verde Galicia. Indo ao dito plan preventivo, cómpre dicir que estivo dotado cun orzamento de preto de 30 millóns de euros, co fin de traballar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.

A Consellería do Medio Rural investiu un total de 126.315 euros en diversos traballos preventivos de incendios forestais realizados recentemente no distrito IV (Barbanza). Os labores consistiron en rozas mecanizadas e melloras de pistas forestais e desenvolvéronse en montes dos concellos de Porto do Son, Boiro, Rianxo e Lousame.

Máis polo miúdo, no municipio de Porto do Son investíronse preto de 63.000 euros en traballos de roza mecanizada en masa arbórea, recollida e apiado dos restos e posterior eliminación, para atallar mellor os lumes no caso de producirse. Fixéronse nos montes de Graiade, Marandan e Miguelis. Tamén se levou a cabo a xestión da biomasa, traballos nas faixas auxiliares en roza manual e igualmente recollida e apiado de restos nos montes de Enxa, Dordo, Barbanza e Graiade. Salientar que todas estas actuacións localízanse en zonas de alto risco de incendios (ZAR).

En canto ao concello de Rianxo, os labores levados a cabo tiveron un custo de 30.000 euros e consistiron na mellora de pista forestal no monte de Araño, actuando nos accesos para favorecer as tarefas de vixilancia, prevención e -no seu caso- extinción de incendios. Con estes traballos quérese favorecer unha diminución dos tempos de reacción, así como unha maior seguridade para o persoal de extinción. Asemade, conseguíronse unhas descontinuidades no terreo que farán desta pista unha devasa ante posibles lumes.

No caso do municipio de Boiro, o importe para executar estas accións foi de 34.500 euros e actuouse nas parroquias de Cures, Macenda e Cespón, con traballos preventivos de mellora de pista forestal, así como tamén nas parroquias de Escabia e Burzó, dentro do concello de Lousame. Tamén nestes casos os labores executados localízanse en zonas ZAR.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata....

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.