Persoas usuarias de Amicos visitan as dependencias da Policía Local da Pobra

25 Febreiro 2022

Media ducia de rapaces e rapazas do Centro de Educación Especial (CEEPR) da Asociación Amicos (con sede en Oleiros, Ribeira, e cun radio de acción que cubre toda a nosa comarca e outros concellos) achegáronse este venres 25 de febreiro até A Pobra do Caramiñal para coñecer as dependencias da Policía Local e o día a día das e dos axentes.

Acompañados do xefe do corpo, José Manuel Cameán, e de varios dos axentes, tiveron ocasión de subirse a algún dos vehículos e coñecer os recursos cos que se conta.

Esta visita é froito dunha iniciativa da nomeada asociación polo Día de San Valentín, na que as os alumnos e alumnas expoñían en cartas aquelas cousas que lles gustaban, sendo para un destes rapaces, a Policía Local da Pobra do Caramiñal cando pasa coas luces e sereas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...