Outes repartíu 500 castiñeiros para prantar nas áreas secundarias de protección dos núcleos rurais

17 Febreiro 2022

O Concello de Outes repartíu uns 500 exemplares de castiñeiros entre a veciñanza para reforestar as franxas de protección contra os incendios forestais e promover así a plantación de especies autóctonas. Trátase da segunda edición desta iniciativa que comezou en 2021, cando se repartiron 600 exemplares. O goberno outense indicou que nesta edición se priorizaron as peticións de propietarios que non se beneficiaran o ano anterior deste programa.

Segundo indicou o alcalde, Manolo González, o reparto dos castiñeiros “permitirá protexer os núcleos de poboación contra posíbeis incendios forestais mantendo estes terreos limpos e sen especies pirófitas como o eucalipto ou acacias. Desde o goberno local apuntan que este plan permite aumentar o terreo con árbores autóctonas en perto de dúas hectáreas e cren que terá un efecto multiplicador porque outros veciños e veciñas animaranse a replicar esta acción e as persoas que participan do proxecto, seguramente, planten máis árbores das que lle repartiu o concello.

González tamén solicitou máis apoio por parte da Xunta de Galicia para manter limpas as áreas secundarias de protección dos núcleos rurais posto que os concellos “vémonos desbordados na xestión das solicitudes de limpeza aos propietarios das fincas e carentes de medios administrativas e técnicos para levar a cabo accións subsidiarias de limpeza neses terreos”

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.