Outes destina o POS+2022 á mellora de núcleos rurais, humanizacións e mantemento de infraestructuras

04 Febreiro 2022

O Concello de Outes celebrou o pasado 3 de febreiro un pleno extraordinario para a aprobación da proposta do Plan de Obras de Servizos 2002 (POS+2022), financiado pola Deputación. A proposta do goberno saíu adiante por unanimidade. Segundo informaron fontes do goberno municipal o POS+2022 inclúe 19 actuacións por un montante global de 670.000 €, dos cales 292.900 € se corresponden ao plan complementario. As actuacións consisten na mellora dos núcleos rurais, entre as que se inclúen a de Crespos na parroquia de Valadares, Mosteiro na parroquia do Freixo, Banzas en San Ourente ou os accesos de Entíns a Fontenlos, na parroquia de Entíns, e outras actuacións repartidas por tódolas parroquias do concello. Por outra banda, inclúese unha actuación importante de humanización da rúa Doutor Esperante, na Serra de Outes, por un importe próximo aos 150.000 €. Finalmente, varios proxectos van destinados ao mantemento de infraestruturas de diverso tipo entre os que se atopan a mellora do pavillón do Conchido, cun orzamento superior aos 62.000 €, ou a reparación do muro da ponte sobre o Tins que comunica o Rodeiro con San Lourenzo. 

Por outra banda, no pleno tamén se aprobou a proposta do POS+ Adicional, destinado a gasto social e que está dotado con 73.3109 €. Coa mesma o executivo pretende reforzar o Servizo de Atención no Fogar para persoas maiores e dependentes así como os servizos de atención á infancia. Do mesmo xeito, dende o goberno quérense reeditar as convocatorias de axudas para mellora da autonomía e accesibilidade no fogar destinada a dependentes así como as destinada á adquisición de material informático para alumnos do concello, logo da exitosa edición de 2021. 

O alcalde Manolo González destacou que a proposta do POS+ 2022 incluía achegas de tódolos grupos municipais e agradeceu o apoio unánime da corporación. Do mesmo xeito, valorou como moi importantes as propostas a financiar no ámbito social, posto que “para nós é unha prioridades reforzar a atención ás persoas maiores e dependentes así como os servizos de concilicación para as familias máis novas”.

Google Maps

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.