Arredor de 1.000 persoas participaron en Noia na marcha contra o cancro

21 Setembro 2026

Arredor de 1.000 persoas persoas participaron este domingo 20 participaron na andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro.

Foi, en palabras da organización (a xunta local da AECC), “unha auténtica marea verde de solidariedade percorreu a nosa vila nunha xornada para acompañar, concienciar e seguir sumando esforzos fronte ao cancro”. O Concello de Noia agradeceu “especialmente” o enorme traballo da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e de todas as persoas voluntarias que estiveron detrás da organización desta xornada.

Tamén colaboraron a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Noia, Cruz Vermella, o GES e a Policía Local.

Nas redes a organización habilitou un álbum de fotos das persoas participantes.

A saída foi ás 17:00 horas desde a Alameda, cun percorrido de 3 quilómetros pola Alameda, centro histórico e paseo marítimo.

O prezo por participar foi de 8 euros para persoas adultas e de cinco euros para nenas e nenos de ata 12 anos.

Tamén foi posíbel botar unha man adquirindo o dorsal solidario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.