Os usuarios de A Creba visitan en Ribeira a mostra sobre os cen anos da bandeira galega no Concello da Coruña

17 Febreiro 2022

Usuarios da Asociación A Creba Saúde Mental visitaron na mañá deste xoves 17 de febreiro o Centro Cultural Lustres Rivas. Alí puideron contemplar os diferentes elementos dos que consta a nova exposición titulada 1921-2021, 100 anos da bandeira galega no Palacio municipal da Coruña.

Da man do técnico municipal de Cultura Unai González, os integrantes desta asociación integradora e inclusiva puideron coñecer as características desta mostra que busca conmemorar a colocación fai un século da bandeira galega nun edificio institucional: neste caso, o consistorio herculino o 25 de xullo de 2021.

A proposta esta está composta de dous bloques, un formado por un módulo tipo cómic debuxo por Alberto Taracido e Rubén Dial e o outro pola recreación da bandeira dende unha visión persoal por parte de 18 ilustradores, boa parte deles vinculados á plataforma Coruña Gráfica.

A exposición poderá ser visitada ata o 8 de marzo. O horario de visita será de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.