Os socialistas de Noia instan a incrementar a limpeza nos espazos naturais do concello e sensibilizar sobre o seu coidado

23 Febreiro 2022

O Grupo Municipal Socialista de Noia rexistrou para o seu debate en pleno unha moción dirixida a incrementar a limpeza nas contornas naturais e favorecer a sensibilización social no que respecta ao seu coidado. Os socialistas fan saber que no concello de Noia, pola súa situación xeográfica, pódense desfrutar de diversos espazos de gran importancia medioambiental e paisaxística, como por exemplo as praias e os bancos marisqueiros, o esteiro do Tambre, os montes de San Lois e Iroite, as ribeiras do Tállara e o Traba. “Estes lugares son moi concorridos e débese reforzar a limpeza dos mesmos”, sinala a agrupación, que informe de que nestes lugares estase amoreando lixo de todo tipo, por exemplo no paseo de Testal ou no miradoiro do monte San Lois, refugallos entre os que se atopan plásticos, máscaras, recipientes e outros, todos eles prexudiciais para a natureza.

Dende o PSOE de Noia consideran que “se deben realizar campañas de concienciación na defensa do medio ambiente, e habilitar lugares para que os visitantes poidan depositar os lixos”.

O voceiro Roberto Iglesias solicitará ao Goberno municipal que “identifique os lugares máis sensíbeis e concorridos, para que sexan instaladas papeleiras ou contedores sen deslucir e sen prexudicar a contorna natural, aproveitando os mesmos para incidir na necesidade de coidar a natureza e explicando a flora e fauna presente na contorna”.

Os socialistas tamén inclúen na moción que se renoven os cartaces existentes nas ribeiras do río Tállara, que “están moi deteriorados”, advirten.

Outros artigos

Incendio nun alpendre no concello de Noia

O Parque Provincial de Boiro recibiu aviso esta madrugada por un incendio nun alpendre no lugar de Ponte de San Francisco, no Concello de Noia. O lume afectaba a un pequeno pendello cunha lareira e leña almacenada no interior. As lapas chegaron a propagarse ao tellado...

+

En Noia, xa se poden facer as inscricións para o Concilia Verán

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Noia organiza esta tempada estival a nova edición do programa municipal destinado a harmonizar, nos fogares, a vida laboral coas vacacións da rapazada. Trátase do Concilia Verán de Verán para nenas e nenos de 3 a 12...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.