O Concello de Noia adxudica a mellora da iluminación do Parque Empresarial de Augalevada

28 Setembro 2026

O Concello de Noia vén de adxudicar á empresa local Futuranea a obra de mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do Parque Empresarial de Augalevada, cun investimento de 31.000 euros.

Segundo informou o Concello, a intervención “permitirá renovar a iluminación dunha zona que presentaba importantes deficiencias e precisaba unha modernización”.

Dende o Consistorio engadiron que a instalación actual conta con luminarias dunha xeración anterior, cun maior consumo e sen sistemas de regulación nocturna, ademais de presentar tramos de cableado en mal estado e un cadro de mando que necesita ser renovado.

En concreto, substituiranse 40 puntos de luz por novas luminarias LED de alta eficiencia, pasando de 120 W a 80 W por luminaria. Tamén se renovarán os tramos de cableado deteriorados e instalarase un novo cadro de mando eléctrico, reforzando a seguridade e a fiabilidade da instalación.

O Concello salientou que a renovación permitirá ofrecer unha mellor iluminación no parque empresarial e reducir o consumo eléctrico preto dun 43 %. A estimación anual pasará dos 20.160 aos 11.520 kWh, o que supón un aforro de 8.640 kWh e preto de 2.000 euros cada ano.

A obra conta con financiamento da Xunta de Galicia, dentro do programa de axudas para a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, na liña destinada á eficiencia enerxética da iluminación pública.

O alcalde, Fran Pérez, explicou que “esta actuación permitirá mellorar de maneira importante a iluminación de Augalevada e as condicións do noso parque empresarial. Falamos dunha zona que necesitaba unha renovación e na que imos conseguir unha iluminación máis eficiente, segura e adaptada ás necesidades actuais”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde e responsábel da área económica, Manolo Seijas, destacou que “son 31.000 euros de investimento para actuar de maneira integral sobre a iluminación do polígono. Non só cambiamos 40 luminarias, senón que renovamos o cableado e o cadro eléctrico, melloramos a iluminación da zona e conseguiremos un aforro próximo aos 2.000 euros cada ano”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.