Os encontros veciñais Un café co alcalde chegan esta semana á parroquia de Bealo

14 Febreiro 2022

A iniciativa do Concello de Boiro para escoitar de primeira man (in situ) as demandas da veciñanza das parroquias, Un café co alcalde, segue o seu periplo polo termo municipal e segundo informan dende o Consistorio chegará esta semana á parroquia de Bealo (logo da frutífera experiencia levada a cabo os días pasados en Escarabote, coa participación directa do rexedor José Ramón Romero e parque do seu equipo). O encontro coa cidadanía será ás 18.00 horas na Unitaria de Ponte Beluso.

Reunión do equipo do Concello coa veciñanza de Escarabote celebrada a semana pasada

Como dixemos, a última das xuntanzas celebrouse en Escarabote e o obxectivo é “realizalas de xeito mensual nas distintas parroquias do municipio para achegar a Administración local á veciñanza e coñecer as demandas e necesidades comúns das e dos residentes”, sinalou o Concello, engadindo que grazas ás xeiras de traballo de Abanqueiro e Escarabote “puidemos coñecer cales son as demandas das veciñas e veciños”.

Estes encontros veciñais buscan “activar unha ferramenta de participación útil entre a veciñanza e a administración e servir como complemento das xuntanzas que o alcalde mantén de xeito semanal con veciños e veciñas”.

Como dixemos, o seguinte encontro será coa veciñanza de Bealo e celebrarase o vindeiro venres día 18 ás 18.00 horas na Unitaria de Ponte Beluso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.