O Centro Social de Escarabote acolleu unha nova edición do encontro veciñal Un café co alcalde

05 Febreiro 2022

O Concello de Boiro, ao abeiro do seu programa de xuntanzas veciñais en todas as parroquias destinadas coñecer de primeira man as demandas dos veciños e veciñas (o programa Un café co alcalde), celebrou en no Centro Social unha reunión de traballo, participativa e aberta, co rexedor José Ramón Romero. Participaron tamén os concelleiros do Goberno Luis Ruiz, Raul Treus e Marcos Fajardo.

Unha vintena de veciños e veciñas participaron nesta xornada na que lle trasladaron ao alcalde e concelleiros demandas como a mellora e aumento de beirarrúas, así como da accesibilidade e seguridade na estrada principal. O alcalde adiantou aos asistentes os proxectos nos que, dende o Goberno local, estase a traballar para a parroquia de Lampón e entre os que están o aumento dos espazos de estacionamento, a mellora da iluminación e outras actuacións de pavimentado no núcleo de Escarabote e nas aldeas da parroquia.

Esta iniciativa de participación cidadá busca complementar as xuntanzas individuais que o alcalde mantén cos veciños e veciñas que así o solicitan e coñecer aquelas demandas e necesidades comúns da parroquia e os distintos núcleos de poboación. O alcalde e os concelleiros agradeceron a implicación da veciñanza nestas xuntanzas posto que “son moi beneficiosas para facernos chegar todas aquelas demandas ou necesidades que hai nun lugar determinado de xeito directo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.