O Rotogal Boiro Voleibol tratará de achegarse á sétima posición na cancha do Teruel

20 Febreiro 2022

Miguel Álvarez.- Con apenas 48 horas de recuperación despois de visitar onte ao Léleman Valencia, o Rotogal Boiro Voleibol afronta o seu cuarto partido en nove días na Superliga.
Os da Cachada visitan mañá (ás 20.00 horas no Pabellón Los Planos) ao Teruel, o equipo que lles precede na clasificación e que ocupa a sétima praza. Unha vitoria en terras aragonesas metería de cheo aos de Marcelo Benavídez na loita por escalar postos.
O Rotogal Boiro Voleibol contará mañá coa baixa de Mario Iglesias por motivos laborais para afrontar un duelo que fora aprazado hai unhas semanas por casos de COVID-19 no equipo turolense. Os da Cachada deberán mellorar a súa posta en escena con respecto ao partido de onte na cancha do Léleman Valencia para tratar de tombar por primeira vez a un rival que lle superou nos tres enfrontamentos anteriores na Superliga.
O Teruel iniciou o curso como un dos aspirantes ao título. Con todo, a competición afastouno das catro primeiras posicións a pesar de que dispón de xogadores destacados como o oposto Andrés Villena ou o central boirense Pablo Bugallo. O receptor estadounidense Greg Petty e o colocador brasileiro Jukoski son outras dúas das súas pezas importantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...