O Rotogal Boiro Voleibol retoma este sábado a competición na cancha do Río Duero Soria

04 Febreiro 2022

Miguel Álvarez.- O Pavillón dos Pajaritos será escenario este sábado 5 de febreiro, ás 19.30 horas, do regreso á actividade do Rotogal Boiro Voleibol na Superliga. Foron necesarios 49 días para que os da Cachada volvan competir. E o rival é o Río Duero Soria, un conxunto que ocupa a cuarta posición da táboa, pero que vén de sufrir un contundente revés na pista do Melilla Sport Capital (3 0). En principio, todos os xogadores do conxunto boirense estarán dispoñíbeis para retomar o campionato.

Unha das incógnitas do duelo deste sábado é coñecer como afectará un parón tan prolongado aos de Marcelo Chino Benavídez. De feito, o Rotogal Boiro Voleibol disputou catro partidos menos que o Río Duero Soria na presente edición da Superliga, co que isto podería afectar o ritmo de competición. Aínda que, no plano puramente estatístico, os casteláns son un rival que, até a data, déuselle ben aos da Cachada, que os superou tanto nos dous encontros da pasada tempada (3-2 e 1 3) como no mes de novembro (3-2).

O Río Duero Soria asentouse na zona alta da táboa na presente edición da Superliga.

O oposto Álvaro Gimeno é un dos estandartes dun conxunto no que tamén están a destacar o colocador Xavi Folguera e o receptor José Villalba.

Precedentes

Tempada 2021-2022

Rotogal Boiro Voleibol, 3-Soria, 2

Tempada 2020-2021

Soria, 1-Rotogal Boiro Voleibol, 3

Rotogal Boiro Voleibol, 3-Soria, 2

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.