O Rotogal Boiro Voleibol recibirá ao Conectabalear Manacor o mércores 16 de febreiro

02 Febreiro 2022

Miguel Álvarez.- Finalmente o partido entre o Rotogal Boiro Voleibol e o Conectabalear Manacor, correspondente á décimo sexta xornada da Superliga masculina, disputarase o mércores 16 de febreiro, ás 20.00 horas, no Pavillón da Cachada. O encontro foi aprazado o pasado sábado, 29 de xaneiro, despois de que varios xogadores do equipo mallorquino desen positivo por COVID-19.

Tamén se fixou a data do partido Rotogal Boiro Voleibol-Unicaja Almería, que fora posposto debido a que varios xogadores do equipo andaluz habían dado positivo por coronavirus. O choque celebrarase finalmente o xoves 10 de marzo, ás 20.00 horas, na Cachada.

O Rotogal Boiro Voleibol, que disputou o seu último partido de liga o 18 de decembro na Cachada contra o Guaguas, retomará a competición este sábado na pista do Río Duero Soria despois de catro adiamentos seguidos. O mércores 9 visitará ao San Sadurniño ás 20.00 horas e aínda debe pecharse a data do encontro pendente ante o Teruel a domicilio.

Outros artigos

Porto do Son achega o seu apoio ao RC Celta de Vigo

Porto do Son súmase ao alento e apoio ao RC Celta de Vigo no seu soño de volver a competir en Europa a vindeira temporada.  Así, o Centro de Interpretación do Castro de Baroña loce desde este venres 23 de maio a bandeira do club galego como "mostra de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.