O Rotogal Boiro Voleibol quere prolongar a dinámica positiva na cancha do Léleman Valencia

18 Febreiro 2022


M.Alvarez.- Dous triunfos seguidos #ante o Eivissa Ushuaïa e o Conectabalear Manacor relanzaron ao Rotogal Boiro Voleibol na Superliga. Os da Cachada visitan mañá ao Léleman Valencia (ás 19.00 horas en Benicalap Sur) co obxectivo de prolongar a boa dinámica adquirida despois do parón polo Nadal e os aprazamentos. Ademais, o choque pode ter un premio extra para os galegos, porque, se gañan, poderían asegurar unha praza no play off polo título cando aínda quedarían por disputar seis encontros.
En principio, o Rotogal Boiro Voleibol poderá contar con todossus efectivos para visitar a un Léleman
Valencia que, a pesar de que deu unha boa imaxe na primeira volta na Cachada, loita por escapar
dos postos de descenso. Gaby do Carmen, receptor do conxunto boirense, advirte que o rival de mañá
“é un equipo moi competitivo, que non regala nada e que en casa xoga moito mellor que a domicilio.
Será un partido moi sufrido”.
O Léleman Valencia é un recentemente ascendido que, aos poucos, foille collendo o aire á Superliga.
Ocupan a novena posición e o seu obxectivo é a permanencia. Dispoñen dun conxunto no que
destaca o oposto Vitor Amorim. Ademais, o veterano colocador Javier Monfort é outra das pezas
crave no conxunto levantino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...