O Rotogal Boiro Voleibol noquea ao Teruel e fai historia ao clasificarse para o play off polo título da Superliga

21 Febreiro 2022

M. A. – Tarde histórica para o Rotogal Boiro Voleibol, que superou por primeira vez en Superliga ao Teruel (0-3) e, ademais, logrou o billete para o play off polo título, tamén por vez primeira, cando aínda lle restan por disputar cinco partidos da fase regular. Os da Cachada realizaron un encontro solvente no Pavillón Los Planos e non desaproveitaron a ocasión para achegarse á sétima praza ante un conxunto aragonés que tivo que reinventarse debido ás baixas como a do oposto Villena.

O Rotogal Boiro Voleibol entrou un pouco frío á cancha e algúns erros propiciaron que o Teruel se lle escapase no arranque (7-2). No entanto, unha vez que os visitantes melloraron na recepción, o choque foise igualando. Posteriormente, unha serie positiva no saque de Gaby del Carmen achandou o camiño para que os de Marcelo Benavídez se anotasen a primeira manga (23-25).

O segundo set mantívose igualado. Con todo, os erros en defensa lastraron a un Rotogal Boiro Voleibol que se viu a rebufo ata que se alcanzou o tramo decisivo (20-18). Entón, o servizo de Felipe Benavídez, que conseguiu dous aces e castigou a recepción dos turolenses, brindou o segundo parcial para o conxunto galego (22-25). O terceiro set caracterizouse por unhas excelentes prestacións dos dous equipos no saque, circunstancia que propiciou que ambos os rivais sufrisen na recepción. Unha vez máis, a igualdade foi a tónica predominante ata que, no desenlace, o Rotogal Boiro Voleibol elevou o rendemento defensivo e forzou un erro no ataque do Teruel para sentenciar pola vía rápida (22-25).

Teruel, 0: Pablo Bugallo, Jukoski, Petty, Kobzev, Dimitrov, Gámiz e Vidasola (líbero). Tamén xogaron Ereu, Igual, Jovanovic e Monteagudo.
Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, José García, José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Alan Davila, Martín
Casais e Ismael Martínez.
Sets: 0-1 (23-25), 0-2 (22-25) y 0-3 (22-25).
Árbitros: José Luis Arrarte e Fernando Cerrato.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Los Planos ante uns 400 espectadores.

Encontro entre o Boiro e o Teruel nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...