O Rotogal Boiro Voleibol aspira a fortificar A Cachada fronte ao Eivissa Ushuaïa

11 Febreiro 2022

Miguel Álvarez.- A Superliga regresa este sábado 12 de febreiro, ás 19.00 horas, á Cachada. Faino case dous meses despois de que o Rotogal Boiro Voleibol disputase o seu último partido como local ante o Guaguas o 18 de decembro. Os de Marcelo Chino Benavídez reciben a un Eivissa Ushuaïa, que ocupa a penúltima posición do campionato co obxectivo de sumar un triunfo que non só lles consolide na zona de play off, senón que tamén lles permita soñar con escalar postos.

En principio, o Rotogal Boiro Voleibol contará con todos os seus efectivos para o reencontro coa súa afección. Despois de dar unha boa imaxe no choque do pasado fin de semana na pista do Río Duero Soria, na que caeron por 3-2 por quinta vez no que vai de tempada, os da Cachada non poden permitirse un descoido ante un adversario que pelexa por escapar dos postos de descenso.

O Eivissa Ushuaïa xa foi superado na primeira volta polo equipo boirense (1-3). Con todo, necesita empezar a sumar triunfos para non ver ameazada a permanencia na Superliga. Até a data, no conxunto balear está a destacar o labor do receptor Luca Cuminetti. O central Mohamed En Nakhai e o líbero José Osado son dous dos homes que tamén están a realizar un labor notable na complicada campaña que están a asinar os insulars.


Precedentes
Tempada 2021-2022
Eivissa Ushuaïa, 1-Rotogal Boiro Voleibol, 3
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 3-Eivissa Ushuaïa, 0
Eivissa Ushuaïa, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 0

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.