O PP salienta “o importante aforro enerxético” que supuxeron as obras feitas en Noia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

16 Febreiro 2022

A deputada do Grupo Popular Ana Belén García Vidal salientou hoxe no Parlamento galego as actuacións
realizadas en Noia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, “que suporán un importante aforro enerxético, así como unha maior salubridade da Casa do Concello”.
Ana Belén García preguntou esta mañá na Comisión Institucional do Parlamento galego á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, sobre as axudas concedidas pola Xunta con cargo ao Fondo de
Compensación Ambiental e salientou que o concello de Noia viuse beneficiado con estas subvencións para a adquisición dun vehículo, con distintivo ambiental cero emisións para a Policía Local e para a realización de obras de eficiencia enerxética na Casa do Concello.
En concreto, estas actuacións na Casa do Concello consistiron na substitución do sistema de iluminación da fachada, o vestíbulo e o salón de plenos por lámpadas led, co que se consigue un importante aforro
enerxético e diminuír a contaminación lumínica no exterior do edificio; así como o encintado dos muros de granito deste inmoble para diminuír as emisións de gas radón.

Outros artigos

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.