O Museo Municipal de Ribeira recibe a incorporación dunha vintena de vestimentas de comezos do século XX

16 Febreiro 2022

O Consistorio de Ribeira acolleu este 16 de febreiro a recepción oficial da nova colección de pezas que engrosará o patrimonio da Sala Museo Municipal de Ribeira. Trátase dunha vintena de vestimentas e complementos datados maiormente nos albores do século XX que foron cedidos en depósito a esta instalación por Cristina Borrás Paz.

O alcalde Manuel Ruiz agradeceu esta cesión en réxime de comodato e procedente dunha herdanza familiar, a cal axudará a perfilar os contidos da instalación municipal da casa de dona Adela agora que o Concello está traballando nun museo do mar.

Tamén a concelleira de Cultura María Sampedro mostrou o seu agradecemento por esta contribución, que se produce menos dunha semana despois de que outro veciño, Juan Antonio Varela, doase unha maqueta do vapor Santa Isabel.

Os bens están formados por:

• Unha chaquetiña

• Un chaleco de fío

• Un chaleco-mantilla de fío con apliques de acibeche

• Un chaleco de gasa, bordado e con apliques

• Saia de gasa e bordado

• Faldón liso

• Complementos, varios con acibeche

• Complemento encaixe palillado

• Complementos fíos

• Complemente gasa encaixe palillado

• Raso liso

• Plumas naturais

• Bolso téxtil

• Dous peites de carei e calzador

• Unha baqueta para limpar fusís e unha espada de bastón

• Guante de malla metálica

• Mangual

• Dous cadros con retratos fotográficos

• Dúas libretiñas, unha con tapa de carei.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.