O Grupo Arestora mostra ao alumnado do Divino Maestro da Pobra as claves da inserción laboral

28 Febreiro 2022

O Grupo Arestora impartiu na Pobra unha charla sobre inserción laboral. Fíxoo no Centro de Formación Profesional Divino Maestro, especializado na familia profesional de administración e xestión de empresas.

O obxectivo foi amosar ao alumnado as claves para favorecer a empregabilidade e ter as mellores máis idóneas opcións de face a acceder no mercado laboral. A charla levouse a cabo baixo o epígrafe Mercado de traballo e orientación laboral, unha perspectiva realista.

A sesión, que estivo dirixida por Cristina Ces, responsábel da área de selección da compañía, serviu para ofrecer información sobre as formas actuais de procura activa de emprego, así como para orientar ao alumnado na mellora das súas opcións á hora de acceder a un posto de traballo.

Os asistentes aprenderon os pasos que se deben seguir para xestionar e planificar esta etapa e que ferramentas se deben empregar. Así mesmo, Ces ofreceu pautas para realizar un currículo que non pase desapercibido e estratexias para afrontar unha entrevista de traballo.

Abre o prazo de matrícula no certificado Creación e xestión de microempresas

Así mesmo, dende o centro formativo de FP informan que xa está aberto o prazo de matrícula no certificado de profesionalidade Creación e xestión de microempresas, actividade de balde financiada pola Xunta e que dará comezo o 28 de marzo. As persoas que desexen matricularse para acadar esta titulación oficial poden dirixirse ao correo cpr.divino.maestro.pobra@edu.xunta.es ou no teléfono 981 830 892.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.