O Goberno de Outes inicia conversas coa oposición para a aprobación dos orzamentos

08 Febreiro 2022

A confección do proxecto de orzamentos para o presente ano 2022 de Outes vén de entrar nunha fase de intenso traballo: un treito decisivo na súa consecución que pasa máis que nunca por un labor en común entre as diferentes forzas implicadas a prol dun mesmo obxectivo, que é mellorar Outes e a calidade de vida dos veciños. Segundo vén de comunicar o Goberno local, xa existe unha proposta de liñas mestras para os orzamentos e que agora vai ser compartida con todos os grupos da Corporación.

Así, o alcalde Manolo González, vén de convocar aos voceiros do PP, BNG e PSdG-PSOE a unha reunión este mércores 9 de febreiro para recadar achegas ao proxecto orzamentario de cara a súa eventual aprobación.

O alcalde indicou que “este ano prevese un incremento dos ingresos derivado dunha maior achega dos fondos do Estado así como da liquidación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que realiza a Deputación, que ten cedida a xestión deste imposto”. Así, polo lado dos gastos, dixo, “é necesario atender a un incremento importante no capítulo de persoal, derivado do convenio aprobado en 2019”. Do mesmo xeito prevese conter o gasto corrente e manter os niveis de investimento, financiado fundamentalmente con achegas doutras administracións. González agarda contar co apoio de tódolos grupos da corporación para que Outes conte canto antes “cun orzamento axeitado as súas necesidades”.

Manolo González, alcalde de Outes

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.