O futuro da reciclaxe a debate en Noia

13 Febreiro 2022

O edificio noiés do Antigo Matadoiro completou a súa capacidade no acto organizado polo BNG no que se debateu o futuro da reciclaxe. As persoas a cargo das intervencións nun primeiro termo foron César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Manuel Soto, catedrático de enxeñaría química.
Mosquera fixo un repaso da evolución normativa da reciclaxe centrándose no futuro da xestión dos residuos desde o eido municipal e recalcou que actualmente xa se abandonou definitivamente o “buenismo”, a “suposición de que mediante campañas de sensibilización e iniciativas puntuais se vai a obter un tratamento correcto dos residuos”. “Sensibilización si”, apuntou, “pero con obxectivos
cuantitativos claros e ben definidos que pasan a ser de obrigado cumprimento”.
Para a obtención duns bos resultados sinalou como “variable fundamental” o control, para o que é necesario “a instauración de corpos de inspección desde os concellos”.
No relativo á Mancomunidade Serra do Barbanza, o vicepresidente da Deputación da Pontevedra afirmou que, aínda que o modelo precisa de melloras, atópase nunha situación privilexiada para afrontar o cambio futuro por ter unhas mellores cifras con respecto ao modelo Sogama e por cumprir o principio da proximidade na xestión dos residuos.
Uns datos da planta de Servia que foron referendados polo catedrático Manuel Soto, quen tamén fixo fincapé na necesidade de que o modelo avance no futuro, pero subliñando que ten moito camiño andado en aspectos como o tratamento dos envases ou do papel, cunhas cifras moi superiores ás da media galega.
Soto recalcou a importancia de avanzar na xestión dos biorresiduos, unha cuestión para a que “se necesita xerar novos empregos tanto para ensinar a cidadanía a realizar a súa xestión como para facer un seguimento axeitado dos resultados”.
Despois dun intenso debate que durou máis de unha hora, o portavoz do BNG en Noia, Ricardo Suárez, foi o encargado de pechar a xornada, lembrando que a súa formación “debe seguir exercendo presión para mellorar o funcionamento da mancomunidade” e que encaran as vindeiras eleccións municipais “co obxectivo de que o BNG obteña máis forza na comarca, entre outras cuestións, para asegurar que unha cuestión tan importante como a da reciclaxe sexa unha prioridade dos concellos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.