O Local Multiusos da Paxareira, en Dodro, vai acoller o vindeiro 24 de febreiro unha actividade formativa de interese para as familias con adolescentes, para educadores e, en xeral, para as persoas que traballan con adolescentes: a xornada Problemas de conduta na adolescencia. Dará comezo ás 17.00 horas. As inscricións poden facerse até o 22 de febreiro a través dun formulario habilitado na Rede. Os contidos serán impartidos por Patricia Purrua, psicóloga sanitaria.
As persoas interesadas en acudir á actividade formativa poden facer a inscrición a través do dito formulario en liña ou ben chamando ou enviando un Whatsapp nos teléfonos 646 956 915 e 608 986 375. Organiza a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Dodro-Padrón-Rois-Valga e os Concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga, xunto coa Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade).
