O Concello pobrense achega obradoiros de conciliación no Entroido

10 Febreiro 2022

Coa finalidade de favorece- la conciliación, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal achega
novamente uns obradoiros de cara a época do Entroido. Dirixidos a crianzas de infantil e primaria, estes talleres desenvolveranse no CEP Salustiano Rey Eiras nos días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, en horario
de 09.00 a 14.00 horas.
A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), destacou que “a conciliación é un servizo imprescindible, polo que se leva a cabo tódolos días non lectivos do ano.” Agradeceu, así mesmo, a colaboración do referido centro educativo por cede-las instalacións para o desenvolvemento desta actividade. Doutra banda, o coordinador dos obradoiros, Rubén López, manifestou que, ademais da compoñente conciliadora, terán un aspecto lúdico marcado pola temática do Entroido.
Tamén indicou que se seguirá a normativa implantada por mor da COVID- 19.
O prezo establécese nos 9 euros por nena/neno, aplicándose un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a. Para dar maiores facilidades ás familias usuarias tamén se achega o Servizo de Madruga, cuxo custo será de 3 euros pola entrada do cativo/cativa a partir das 08.00 horas, e de 4’50 euros dende as 07.30 horas; ademais da prestación de comedor, de 14.00 a 16.00 horas.
A data límite para se anotar é no 24 de febreiro, podendo realizarse este trámite nas oficinas dos Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.