O Concello de Ribeira solicita unha axuda da Xunta para habilitar unha cuberta no parque das Abesadas

14 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira informou de que vén de solicitar unha subvención para dispoñer unha cuberta contra as inclemencias do clima no parque infantil de Abesadas, un dos máis concorridos da cidade e do termo municipal. Farao ao abeiro dunha convocatoria de axudas da Xunta para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

A tal efecto, preténdese instalar no parque un teito de 498 metros de superficie con material téxtil (tensoestrutura en tecido de poliéster de alta resistencia) para permitir “o uso e desfrute desta infraestrutura en condicións meteorolóxicas adversas”, informou o Concello, engadindo que se optou por unha solución “moi lixeira” e “cunha altura axustada aos xogos actuais no ánimo de minimizar o impacto visual”. Construtivamente constará dun sistema estrutural formado por un arco e dúas liñas de piares opostos sobre os que se tensa a cuberta téxtil.

O orzamento do proxecto ascende a 90.750 euros, IVE incluído.

Outro en Carreira

Cómpre lembrar que no Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS+ 2022) aprobado en pleno a semana pasada incluíuse achegar outra teitume no parque infantil da Capela, na parroquia de Carreira, ao ser unha das cinco necesidades máis demandadas na enquisa participativa impulsada polo Concello de Ribeira o mes pasado.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.