O Concello acondiciona o lavadoiro de Rocapellón en Corrubedo

22 Febreiro 2022
Lavadoiro de Rocapellón en Corrubedo antes da actuación

O Concello de Ribeira procedeu ao acondicionamento do coñecido como lavadoiro de Rocapellón en Corrubedo, preto da praia do Prado.
A actuación incluíu unha intensa limpeza da infraestrutura eliminando abundante vexetación así como a adecuación do seu entorno buscando o seu uso e desfrute. Ademais, está previsto renovar parte do mobiliario deste conxunto arquitectónico tradicional.
Cómpre lembrar que o Plan de Turismo Sustentable de Ribeira inclúe actuacións de restauración doutros lavadoiros radicados no noso termo municipal, como son o de Penisqueira en Aguiño e a humanización e rexeneración ambiental do entorno do lavadoiro de San Roque. Para ambas actuacións destínanse un total de 50.000 euros de fondos Next Generation.

Lavadoiro de Rocapellón en Corrubedo actualmente

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.