O Club de Remo da Pobra celebra este sábado a súa asemblea xeral de socios (precedida dunha regata de bateis)

02 Febreiro 2022

O Club de Remo da Pobra do Caramiñal (Club Remo Puebla) comunicou que este sábado 5 de febreiro de 2022 está prevista a celebración da súa asemblea xeral de socios. Será ás 19:00 h. en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria. A xuntanza de traballo terá lugar na nave de usos náuticos.

A entidade deportiva engadiu que “xusto antes da asemblea celebraremos unha regata de bateis amistosa entre os clubs da comarca”. Está previsto que dea comezo ás 16:30 h. A regata está destinada a dar experiencia ao mais novos (categorías alevín, infantil e cadetes).

Volvendo á asemblea, terá a seguinte orde do día:
Lectura e aprobación do acta anterior.
Aprobación contas 2021.
Aprobación liña de crédito.
Informes de directiva e novas inversións.
Rogos e preguntas.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...