O CIM de Ribeira imparte catro obradoiros de empoderamento para mulleres especialmente vulnerábeis

09 Febreiro 2022

O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira comezou este mes de febreiro a actividade de catro obradoiros para mulleres especialmente vulnerábeis. A iniciativa, que vén da man da Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade que dirixe a edil Ana Barreiro Rego, pon o foco en metodoloxías, recursos e formación dirixidas a aumentar a autonomía, a autoestima, o empoderamento e a empregabilidade das mulleres participantes.

A concelleira Ana Barreiro

Estes son os catro obradoiros que se imparten:

1- Obradoiro de respiración e relaxación, onde se pretenderá introducir os principais conceptos que xiran en torno á relaxación e respiración, coñecendo as diversas técnicas e exercicios útiles.

2- Obradoiro de autoestima, habilidades sociais e comunicación. Neste obradoiro, ademais de saber a importancia da autonomía e a autoestima, tocaranse temáticas diversas como son as habilidades sociais, os estilos de comunicación e o control emocional tan necesarios para poder favorecer e reforzar o concepto de autoestima e autoconcepto. Comeza o 15 de febreiro.

3-Obradoiro de empoderamento feminino. Nesta actividade o obxectivo é “adentrarnos no concepto de empoderamento e os seus tipos, coñecendo todos os elementos que xiran en torno ao mesmo; comenzando nun proceso de empoderamento persoal e colectivo cuxas ferramentas teóricas e prácticas nos axudarán a capacitarnos para aplicar ditas técnicas nun contexto de intervención persoal”, sinala a Concellería que dirixe Ana Barreiro. Comeza o 22 de febreiro

4-Obradoiro de prevención da violencia de xénero, mediante a visibilización de estereotipos de xénero, roles sexistas, coñecemento dos diferentes tipos de violencia de xénero, sobre todo encubertas como os micromachismos e os mitos do amor romántico. Comeza o 1 de marzo.

A programación de ditos obradoiros está organizado para impartilos de forma alterna un cada semana do mes. Prolongaranse ata o mes de xullo.

Inscricións

No caso de que non se cubran prazas coas usuarias do centro, a inscrición está aberta a toda a poboación, que se poderá anotar chamando ó teléfono 981 874 131 ou achegándose ás dependencias do CIM no edificio Miradoiro de Padín en Deán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.