O ciclo en liña de Historias de ida e Volta documenta o secuestro do transatlántico Santa María

22 Febreiro 2022

Con motivo de dar conta dos acontecementos que rodearon ao secuestro do transatlántico Santa María, unha acción de loita contra o réximes autoritarios de España e Portugal da que moitos de nós aínda descoñecemos boa parte dos seus detalles, o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración achegaron na Rede un especial que documenta este episodio anti-fascista da nosa historia recente, protagonizado ademais por tres galegos: o ex-capitán Henrique Galvao, Xosé Velo Mosquera e José Fernando Fernández Vázquez, chamado comandante Sotomayor. O secuestro de Santa María xa se pode coñecer ao detalle a través do ciclo de especiais dixitais Historias de ida e volta, iniciativa do Arquivo do Emigración CCG co apoio da Secretaría Xeral.

Inclúe vinte imaxes e documentos procedentes deste arquivo ofrecen unha nova lectura dun episodio da nosa historia recente que deu a volta ao mundo.

O navío Santa María é a Operación Dulcinea é o nome dunha nova entrega do especial que dá conta dun feito histórico que, segundo informa o CCG, “pretendía chamar a atención sobre as dictaduras ibéricas co secuestro dun trasatlántico”. A historia, que deu lugar a documentais e películas sobre o tema, ofrécese agora a través de vinte imaxes que proceden de fondos e coleccións depositadas no Arquivo da Emigración Galega.

A escolma do material ofrece imaxes do trasatlántico; do folleto co que a navieira, a compañía portuguesa Companhia Colonial de Navegaçao, cubrían a chamada ruta caribeña, con amarres nos portos de Vigo, Lisboa, Madeira, Tenerife, A Guaira en Venezuela, Curaçao, San Xoán de Porto Rico e Miami. No folleto pode verse como ofertaba unhas instalacións modernas e de gran calidade, con capacidade de máis de 1100 pasaxeiros e unha tripulación de 355 persoas para atendelos coa maior eficacia; un billete e unha imaxe da cafetería.

O especial inclúe o Jornal do Santa Maria, publicado pola tripulación do barco para os pasaxeiros da nave co obxectivo de informalos das actividades organizadas para o seu desfrute, ademais de dar consellos de boas maneiras para ter unha boa viaxe e notas de cociña, textos literarios ou noticias de deportes. Neste especial aparece o número redactado polo comando que secuestrou o buque e que se distribuíu aos pasaxeiros o día 24 de febreiro. Nel infórmase sobre as intencións do secuestro e defenden a lexitimidade do secuestro político do buque e da súa loita contra o réxime de Salazar. Para tranquilidade dos pasaxeiros, deixa claro que os que o desexarán poderían desembarcar nun porto neutral sen ningún tipo de dano. No escrito aparece que o comando estaba ao mando do Capitán Henrique Galvâo, como representante do xeneral Humberto Delgado, presidente electo de Portugal, e do DRIL.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...