O CEIP de Outes conta con espazos renovados e adaptados ás novas necesidades educativas

18 Febreiro 2022
As obras foron financiadas polo Concello de Outes con máis de 48.000 €

O CEIP Plurilingüe de Outes vén de inaugurar os espazos renovados da planta baixa do edificio, co obxectivo de adaptalos ás novas necesidades educativas. A actuación foi financiada polo Concello de Outes cunha achega de 48.300 €, atendendo así ás peticións trasladadas pola comunidade educativa do centro. A obra centrouse na ampliación das aulas con instalación de paneis móbiles, o que os converte en espazos flexibles e adaptables que permitirán o traballo en grupos e albergar propostas para toda a comunidade educativa. Por outra parte realizouse unha humanización destes espazos coa instalación de tarima e os traballos depintura realizados van permitir ao alumnado cambiar a maneira de ver, facer e sentir na escola.

A modificación de espazos abordada correspóndese coa filosofía educativa cara a que está transitando o centro, cun proxecto pedagóxico que coloca ás nenas e nenos  no punto de mira, atendendo aos seus intereses e necesidades. Este traballo foi recentemente recoñecido polo Ministerio de Educación co premio do  “Concurso Nacional de Buenas Prácticas en centros docentes”. Neste camiño esta intervención dos espazos é unha das pezas clave ao igual que a mellora dos patios grazas ao traballo das familias, e á futura reforma da Biblioteca Escolar que se pretende levar a cabo.

O alcalde, Manolo González, amosouse moi satisfeito co resultado destas actuacións e felicitou á comunidade educativa do CEIP de Outes polo traballo que está a a realizar e polos premios acadados. Tamén lle solicitou á Consellería de Educación unha maior implicación na mellora do centro, “posto que é a Xunta de Galicia á que ten as competencias nesta materia”, indicou. Nese sentido, o mandatario agarda que a Consellería realice canto antes os traballos de mellora do ximnasio do colexio, que se atopa nun mal estado evidente, e que tamén asuma un maior compromiso na mellora do edificio da nova biblioteca proxectada pola dirección do colexio

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.