O BNG de Dodro destaca o éxito das súas propostas sociais

15 Febreiro 2022

O Bloque Nacionalista de Dodro emitiu un comunicado no que destaca “a importante repercusión” que están a ter as súas propostas no ámbito municipal. Isto, sinalan, vénse de reflectir na unanimidade conseguida no pleno da Corporación de febreiro, no que todos os partidos con representación local apoiaron as súas políticas sociais destinadas á veciñanza.

Na sesión o tenente de alcalde, Xoán Bautista Mariño, aproveitou para expoñer o destino de 32.918,68 euros da Deputación da Coruña para “reforzar a área de Servizos Sociais e axudas a familias”. Debullou os programas postos en marcha: habilitación da cita previa, programa Dodro Escoita, charlas, incremento de axudas a asociacións, 44 axudas 2021/22 para material escolar e informático, aumento ata 2.305 horas/mes de atención aos maiores, bolsa de traballo para SAF, media praza de T. Social máis con cargo ao POS -SOCIAL da Deputación, “entre outros servizos que se desenvolven desde a área ao que o BNG segue dedicándose sen percibir un salario e con transparencia”, sinalou Bautista Mariño.

O BNG defendeu no seu comunicado “o traballo ben feito polos profesionais municipais, os procesos democráticos para a creación de prazas novas ante a versión a dedo implantada no Concello e a defensa de Dodro fronte a unha oposición maleducada que non participa da vida municipal, que se dedica a soltar mentiras e no pleno vota a favor das propostas nacionalistas para Servizos Sociais”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.