O alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, agasalla á RAG con exemplares da edición facsimilar de “Escolanía de melros”, de Faustino Rey Romero

07 Febreiro 2022

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, mantivo este xoves 3 de febreiro unha xuntanza de traballo co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. O rexedor fíxolle entrega de exemplares da edición facsimilar do poemario Escolanía de melros (1959) do académico correspondente Faustino Rey Romero (1921-1971), editado polo Concello natal do poeta e sacerdote rianxeiro, do que se están celebrar (en Isorna, parroquia á que pertencía, e en todos os ámbitos municipais) os 50 anos do seu pasamento.

Para quen non a coñeza, lembrar que Escolanía de melros é unha obra clave no legado literario de Faustino Rey Romero. A obra saíu do prelo en 1959 con cuberta de Agustín Portela Paz e ex libris de Xosé Conde Corbal. A publicación do Concello de Rianxo realizouse a partir dun dos exemplares editados no seu momento por Gráficas Bolfer do Porriño, con dedicatoria ao tamén relixioso e académico correspondente Xosé Isorna.

A edición está enriquecida con vinte gravados orixinais realizados por quince ilustradores de Rianxo e Padrón para os sonetos do poeta. O labor artístico desenvolveuse no marco dun obradoiro organizado polo Museo do Gravado de Ribeira no Liceo de Rianxo, baixo a dirección de José Fernández Míguez e coa colaboración de Camilo Seira.

Escolanía de Melros é o título dunha colección de sonetos de Rey Romero que está considerada unha peza clave no seu legado poético, publicada en 1959. A obra está na cerna ademais da exposición inaugurada no Auditorio Municipal en xaneiro, unha mostra de gravados que leva o nome do histórico poemario e que se encadra nas actividades organizadas esta tempada polo Concello para honrar a figura de Castelao (Actos Castelao 2022) e, tamén, a de Faustino Rey Romero.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.