O Auditorio de Rianxo acolle até o 20 de febreiro unha mostra de gravados que rende tributo aos tesouros literarios locais

26 Xaneiro 2022

Este venres 21 de xaneiro inaugurouse en Rianxo, no Auditorio Municipal, a exposición de gravados Escolanía de Melros, encadrada no programa de actividades organizadas esta tempada polo Concello para honrar a figura de Castelao (Actos Castelao 2022) e, tamén, a de Faustino Rey Romero.

A mostra, que se poderá ver até o 20 de febreiro na sala de exposicións do Auditorio, recolle os traballos realizados ao abeiro do Obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez (en colaboración con Camilo Seira) o pasado mes de outubro. Foi organizado polo Concello de Rianxo e o Museo do Gravado de Artes, en Ribeira. De resultas da dita actividade formativa saíu a exposición que pode verse estes días no Auditorio de Rianxo e, tamén, unha edición facsímil coas creacións que colleron corpo a través do obradoiro.

Como dixemos, baixo o epígrafe Escolanía de Melros réndese tributo tamén a outro ilustre autor rianxeiro: o escritor e sacerdote de Isorna, Faustino Rey Romero. De feito, Escolanía de Melros é o título dunha colección de sonetos de Rey Romero que está considerada unha peza clave no seu legado poético, publicada en 1959.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...