Noia celebra o Entroido cun photocall-concurso para a rapazada, obradoiros infantís e o Enterro da Sardiña

22 Febreiro 2022

Na mañá deste luns 21 de febreiro as concelleiras Laura Salgado e Beatriz Rosende presentaron a programación do Entroido 2022 en Noia, unha axenda festiva que achegará actividades entre o venres 25 e o mércores 2 de marzo.

Segundo avanzaron, unha das accións estrela será o concurso de disfraces dos máis cativos, previsto para o sábado 26 e incluíndo un photocall que estará instalado no claustro do Consistorio a disposición de todas as crianzas participantes (que recibirán un agasallo pola súa implicación creativa na festividade do Entroido) en horario de 16.00 a 20.00 horas. As inscricións para o concurso poden facerse xa, a través de eventosconcellonoia@gmail.com, indicando nome e apelidos, enderezo, teléfono, nome do disfrace e categoría na que participa a nena ou neno.

As bases do concurso poden consultarse na web do Concello. No momento da inscrición indicarase a hora á que deben presentarse para facer a foto.

Podemos consultar os detalles da axenda do Entroido na web do Coliseo Noela.

Amais do concurso de disfraces, o programa inclúe actuacións musicais (o venres 25, cunha ruada da Charanga Vila de Noia a partir das 20.00 horas) e obradoiros de Entroido (o luns 28 no Claustro do Concello, entre as 17.30 e as 19.30 horas, e tamén o martes 1 de marzo no mesmo emprazamento e co mesmo horario). A axenda culmina o Mércores de Cinza, co Enterro da Sardiña. A vertente musical virá da man, o mércores, da Charanga Likor-K. A comitiva sairá ás 20.30 horas do Curro, en condución rápida até o Paseo.

Outros artigos

O Albergue da Chaínza de Noia recibe ao seu primeiro peregrino

O Albergue da Chaínza de Noia acolleu na noite de onte ao seu primeiro peregrino, marcando así o inicio da súa actividade como novo punto de acollida para camiñantes do Camiño de Santiago. O primeiro usuario das instalacións foi Óscar Caldera Merino, de 43 anos e...

+

Padrón celebra o 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio

O Concello de Padrón celebrará o vindeiro mércores 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio, unha das citas máis arraigadas no calendario local, que cada ano combina tradición relixiosa, música e un espazo de encontro para a veciñanza. A programación dará comezo ás...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankinsmundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades dasinstitucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.