Mariño de Souza expón medio de gravados viaxeiros no Consistorio de Ribeira

04 Febreiro 2022

O Consistorio de Ribeira acolleu este venres 4 de febreiro a inauguración dunha destacada mostra sobre peregrinaxes, camiños, experiencias xacobeas e viaxes interiores e exteriores. A exposición A ruta das estrelas, do artista coruñés Mariño de Souza, poderá verse na Casa do Concello até o 30 de abril. A colección está formada por un total de 52 obras procedentes do Museo do Gravado de Artes (Ribeira). Están elaboradas a pluma e tinta chinesa sobre papel ou en serigrafía coa técnica do arco iris sobre cartolina.

No acto inaugural estiveron presentes, entre outros representantes municipais e membros do tecido cultural de Ribeira, o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura María Sampedro, o director do citado museo Pastor Rodríguez, o párroco Ricardo Villaverde ou o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago A Orixe, Manuel Mariño.

Manuel Ruiz manifestou que a exposición é froito da simbiose entre o Museo do Gravado e o Concello e responde ao ánimo de achegar aos veciños a expresión artística expoñéndoa nun lugar de obrigado paso para moitos ribeirenses como é o consistorio local.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.