Golpe de autoridade do Rotogal Boiro Voleibol contra o Conectabalear Manacor

17 Febreiro 2022

Miguel Álvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol atravesa un momento doce. Na tarde deste 16 de febreiro impúxose por 3-0 ao Conectabalear Manacor nun duelo directo na loita pola sétima praza da Superliga. Os da Cachada non lle deron opción a un conxunto balear que foi superado en pequenos detalles, pero que non arroxou a toalla en ningún momento.

O inicio do encontro foi moi igualado, con ambos os conxuntos loitando punto a punto. Con todo, dúas accións no bloqueo de Renan Levandoski e Gaspar Bitar foron determinantes para que o Rotogal Boiro Voleibol tomase a iniciativa no tramo decisivo do primeiro set. Os de Marcelo Benavídez non perdoaron para asumir a dianteira (25-23).

A segunda manga desenvolveuse de maneira semellante á primeira, aínda que, nesta ocasión foi o Conectabalear Manacor o que marcou o ritmo. No entanto, algún erro en ataque dos visitantes no tramo final do set permitiu aos boirenses remontar e anotarse outro tanto (26-24).

O golpe foi duro para o Conectabalear Manacor, ao que lle custou entrar no terceiro set. O Rotogal Boiro Voleibol empezou moi forte (8-1) e todo indicaba que se podería chegar a un desenlace plácido para os da Cachada. Non foi así. Os mallorquinos foron limando diferenzas e os locais foron, nalgunhas accións, presa dos nervios. Pero, finalmente, pecharon o partido pola vía rápida (25-22).

Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Martín Casais, Alan Davila e Ismael Martínez.

Conectabalear Manacor, 0: Vanole, Víctor Méndez, Barsemian, Caetano Filter, Walter da Cruz, Sergio Ramírez e Piris (líbero).

Sets: 1-0 (25-23), 2-0 (26-24) e 3-0 (25-22).

Árbitros: Diana Rico e Francisco Sabroso.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Cachada ante uns 300 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...