Este mércores celébrase en Boiro unha charla sobre como comer ben

Esta semana, o mércores 23 de febreiro, vaise celebrar en Boiro unha actividade divulgativa para achegarnos pautas de alimentación en positivo. Trátase dunha charla sobre trastornos alimentarios, que terá lugar no Centro Social de Boiro a partir das 16.30 horas. Está dirixida ao público en xeral. A concelleira de Feminismo e Igualdade, Dores Torrado, fará a presentación da xornada.