En Ribeira dilixencias para un xuízo rápido a un condutor por alcoholemia

15 Febreiro 2022

A Policía Local de Ribeira abriu dilixencias para un xuízo rápido a un home veciño da Pobra de 47 anos de idade por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Os feitos, documentados polos axentes, foron os seguintes: sendo ás 01:18 da pasada madrugada, a Policía Local recibiu a chamada dun particular alertando de que un turismo marca Citroën Xara circulaba pola estrada AC-305 en dirección Ribeira, invadindo ambos sentidos da calzada e botando moito fume pola roda traseira esquerda, estando esta rebentada e a piques de saírse.

Os vehículos localizaron o vehículo en cuestión á altura do número 178 da avenida da Coruña, estacionado na beiravía. Ao entrevistarse co seu condutor este presentaba signos evidentes de atoparse baixo os efectos do alcohol, ademais de percibir un forte olor a goma queimada procedente dos baixos do coche. Neste senso, os efectivos observaron que tiña a roda traseira esquerda desprazada, a roda dereita dianteira pinchada e as lamias (llantas) dianteira e esquerda deformadas, carecendo de tapacubos en todas as rodas a excepción da traseira dereita.

O transporte tamén presentaba rabuñaduras nos laterais dereito e esquerdo e outro golpe na parte traseira.

Realizadas as probas de alcoholemia, o condutor arroxou senllos resultados positivos de 0,74 e 0,70 mg/l. O vehículo foi trasladado ao depósito municipal dada a imposibilidade de que proseguise a marcha.

Posteriormente, facendo unha inspección do presunto percorrido realizado, localizouse á altura do número 10 da rúa Galicia de Palmeira os restos do turismo, achándose tres tacacubos, restos de carrozaría e anacos do disco de freo.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.