En Boiro o Concello renova as redes de servizo e os pavimentos en Graso

01 Febreiro 2022

O Concello de Boiro vén de informar da realización dunha serie de obras destinadas a renovar pavimentos e redes de servizo en Graso, na parroquia de Abanqueiro. Trátase, comunicou o Consistorio, dunha actuación que forma parte dun proxecto obras financiado con cargo ao Plan Único (POS) da Deputación da Coruña.

Os traballos contemplan unha renovación integral no firme e na rede de pluviais “xa que o seu estado de deterioro provocaba problemas de seguridade cando se producían choivas”, explicaron fontes do Concello, engadindo que coa renovación do firme buscábase conservar as características funcionais e a protección do conxunto da superficie da estrada.

A actuación en Graso forma parte dun proxecto para a renovación de pavimentos en varios puntos do termo municipal. Con este proxecto actuouse en Coroño, Cabo, Cespón e Treites, onde se fixo a renovación superficial do pavimento para resolver as deficiencias no mesmo, que viña demandando gastos excesivos para a súa conservación.

“Con esta obra en Graso vimos de completar as actuacións de pavimentado levadas en varios puntos do termo municipal mellorar os servizos e a accesibilidade nos núcleos do rural”, afirmou o alcalde. As actuacións, dun orzamento total de 66.251,89 euros, leváronse a cabo con cargo ao Plan Único (POS) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...