Dodro celebrará o Festival do Entroido no Polideportivo, o día 1 de marzo

17 Febreiro 2022

O Concello de Dodro vai celebrar o Entroido cun Festival no Pavillón Polideportivo que inclúe entre outras cousas un Concurso de Disfraces. Será o 1 de marzo, a partir das 17.30 horas. Haberá importantes premios para pequenos e maiores.

Infantil (0-6 anos): dous premios de 60 euros.

Infantil (de 7 a 12 anos): dous premios de 60 euros.

Xuvenil (13-17 anos): dous premios de 60 euros.

Persoas adultas (18 anos ou máis): dous premios de 100 euros.

No que respecta ás parellas, haberá un primeiro premio de 150 euros e un segundo de 125.

Na categoría grupal, concederase un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200.

O Festival do Entroido de Dodro celebrarase seguindo a normativa vixente anti-COVID.

Ao rematar haberá orellas e doces para o público asistente (consumición no exterior)

As inscricións poden facerse entre o 21 de febreiro e o 1 de marzo na Casa da Cultura ou no mesmo día no Polideportivo, entre as 16.00 e as 17.00 horas. Máis datos no 981 80 24 72.

Outros artigos

Mellora das paradas de autobús na comarca en Dodro, Rois e Padrón

As obras de mellora da accesibilidade en 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago, realizadas pola Xunta cun investimento de 1,8 millóns de euros, alcanzaron xa un progreso do 25%. Estas accións forman parte dun contrato máis amplo que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....