CONGALSA colabora co Programa de Xuventude Mentoring

04 Febreiro 2022

A empresa pobrense CONGALSA, referente galego no ámbito alimentario, confirmou este mes de xaneiro a súa colaboración co Programa de Xuventude Mentoring, un proxecto da Xunta dirixido a captar e estimular novos talentos entre a mocidade acabada de titularse e que se atope na procura dun oco no eido laboral. A empresa da Pobra explica “o Xuventude Mentoring é unha oportunidade para novos profesionais e en CONGALSA gústanos contribuír ao emprego entra a mocidade”. Isto, engaden, forma parte da estratexia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da empresa.

CONGALSA, a través da súa colaboración no programa, traballará coa Xunta para implementar o plan e achegar o seu coñecemento empresarial nas distintas actividades de asesoramento que se desenvolvan. Este traballo de mentoring levarase a cabo de diferentes xeitos:

-Networking. O networking favorece o contacto entre potenciais candidatos a un posto de traballo e as empresas. Estas reunións, explican fontes de CONGALSA, “son idóneas para cruzar información e, desta forma, aumentar as probabilidades de conseguir emprego”. Nos últimos anos, estas reunións xeneralizáronse como opción de inserción laboral.

-Formación complementaria. A formación complementaria é outra das opcións que se proporcionan. Existen cursos específicos para determinadas empresas ou sectores, o que facilita a inserción laboral. Non en balde, hai algunhas habilidades que só se poden obter co apoio de profesionais. En consecuencia, este é un valor engadido que atopan os candidatos aos postos de traballo.

-Asesoramento profesional. Os candidatos recibirán consellos prácticos, recursos e bagaxe da man dos profesionais. Este asesoramento inclúe un seguimento personalizado para comprobar progresos.

Outros artigos

A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero recala na Pobra

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 13 de maio a vila da Pobra do Caramiñal, onde salientou a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI) como “ferramenta para loitar contra a violencia de xénero a través da...

+

“Moldes celebra Nosa Señora de Belén”.

Antonio González Millán.- Feliz día de romaxe: segundo domingo de maio, Nosa Sra. de Belén. Culto dun cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños montesíos, presidindo unha vella necrópole de tempos prehistóticos. O sincretismo de deuses idos substituidos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.