Comeza o Entroido rianxeiro con obradoiros e xogos para a rapazada

26 Febreiro 2022

As actividades do Entroido rianxeiro, impulsadas pola Área de Cultural, comezaron este sábado 26 de febreiro, cunha serie de obradoiros e xogos diversos a cargo de Infantilandia, pola tarde na praza de Castelao e, a partir das 18.30 horas, cunha actividade de animación musical na mesma praza Castelao e nas rúas da vila, a cargo do músico multi-instrumentista, animador e clown Pulpiño Viascon.

Este omingo 27 de febreiro as rúas de Rianxo acollerán a partir das 12.30 unha ruada a cargo de SDK e Barafunda.

Pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, a vila rianxeira será o escenario dunha festa tribal, un espectáculo de animación e ruada para manter ben alto o nivel de festividade deste Entroido 2022.

Xa no mes de marzo, o martes día 1, a axenda collerá impulso na Aula Activa do Mar, a partir das 12.00 horas, cunha iniciativa de obradoiros de máscaras de Entroido. As prazas serán limitadas. O Concello lembra que as persoas que requiran máis información e formalizar as inscricións poden facelo a través da conta de correo museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal.

Pola tarde, o martes 1 de marzo, a praza Castelao acollerá unha nova ración de obradoiros e xogos a cargo de Infantilandia. Será en horario de 16.30 a 19.30 horas.

Sen saírnos da céntrica praza Castelao de Rianxo, ás 18.30 horas está previsto que comece o espectáculo A Vida Tola, a cargo da artista de clown, humorista e escapista Natalia Outeiro, tamén coñecida como Pajarito.

A área de Cultura de Rianxo fai saber que en caso de climatoloxía adversa, é posíbel que se fagan variacións no programa de actividades, por exemplo cambiando localizacións. Para estar ao tanto destes trocos podemos visitar a web concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...