Cinco equipos da Pobra e Ribeira participan este ano na First LEGO League Galicia

A Universidade da Coruña organiza por oitavo ano consecutivo a First LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 5 de marzo. Será no Auditorio Municipal de Ferrol, a partir das 9.00 horas e contando desta volta coa participación de 41 equipos (21 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e preto de 300 mozos e mozas de toda Galicia. Entre os devanditos equipos atópanse cinco da nosa comarca: dous da Pobra (Robot City Pobra e Robot City Pobra J.R., do CEP Salustiano Rey Eiras), e tres de Ribeira (Mega Builder Team, Super LEGO Teams e Mega Builder Team J.R., todos eles de Mega Ribeira).

O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

Os xardíns do Campus Industrial de Ferrol acolleron este venres 25 de febreiro a presentación desta oitava edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, a concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol, Eva Martínez Montero, a directora do Campus Industrial, Ana Ares Pernas, e o director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Andrés Piñón Pazos.

Igual que nas edicións anteriores fíxose saber que colaboran nesta iniciativa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ferrol e o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e TodoOcio.

Segundo informa a UDC, a First LEGO League é un programa internacional que “desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovábeis”. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía e, ao mesmo tempo, “aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación”.

A Universidade da Coruña organiza por oitavo ano consecutivo a First LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado 5 de marzo no Auditorio Municipal de Ferrol e en varias salas do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.

Presentación da competición robótica galega na Universidade da Coruña

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge

1 Montecastelo BOT

Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

2 Las Acacias BOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

3 EFIGY GIRLS Las Acacias

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

4 STEAM GIRLS Las Acacias

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

5 MontecasLEGO

Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

6 CAPTIOMA OCTABOTS

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

7 C3club

IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña)

8 EFICY GIRLS MONTESPIÑO

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

9 INFINITY MONTESPIÑO 1

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

10 INFINITY MONTESPIÑO 2

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

11 100tíficas Trabe

IES Rego de Trabe (Culleredo, A Coruña)

12 Guillelminos

CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

13 Peña Bots

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

14 Catabótica

IES Catabois (Ferrol, A Coruña)

15 Ctrl+T

IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

16 Robot City Pobra

CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)

17 MEGA BUILDER TEAM

MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)

18 Gázapon – INH

Gazapo Xestión SL (A Coruña)

19 CON3CT4 – H4CKZ4P0S

Gazapo Xestión SL (A Coruña)

20 Pathfinders

Colexio Internacional Eirís (A Coruña)

21 Riverbots

IES de Fene (Fene, A Coruña)

Listaxe First LEGO League Explore

1 Wizard Box

Gazapo Xestión SL (A Coruña)

2 Transportabots

Gazapo Xestión SL (A Coruña)

3 Transportes de poca monta

Gazapo Xestión SL (A Coruña)

4 Lego Turbo

CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

5 Lego Robotics

CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

6 Comanders

CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

7 Sharks

CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

8 Lego Conectors

CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

9 STAR LEGO LAR

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

10 MAKER LEGO LAR

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

11 ESTRELLA ARCO IRIS

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

12 SPIDERMAN

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

13 ROBOLEGO

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

14 TRENDBOT

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

15 MARINA

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

16 RAYO

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

17 Super Lego Teams

MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)

18 MEGA BUILDER TEAM JR.

MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)

19 ROBOT CITY POBRA JR.

CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)

Listaxe FIRST LEGO League Discover

1 Wallynsky

Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)