Chispetrén, Cámping Ría de Arousa e Galopín, primeiros líderes da liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022

01 Febreiro 2022

O Corsario, do CY Vilagarcía, nunha imaxe de arquivo

Ás 13:30 horas, con puntualidade inglesa, deuse a saída á segunda etapa da liga de Cruceiros Ría de Arousa, un vento do nordeste duns 18-20 nós facía gozar á frota e regalaba unha estupenda xornada de navegación á vintena de barcos que se deron cita nas proximidades do porto vilagarcián.

O percorrido, dunhas 10,3 millas, levou á frota por distintas marcas da ría e nos primeiros compases xa destacou en tempo real o maxestuoso First 50, Corsario, do CY de Vilagarcía que como era de esperar entraría primeiro en tempo real. Esta circunstancia só lle valeu para facerse co segundo caixón do podio na clase regata xa que o primeiro posto iría parar a mans do Chispetrén, de Jesús Iglesias. Terceiro nesta categoría para o ribeirense Moucho, de Daniel Ayaso.

Na clase Cruceiro-Regata, a máis numerosa na que se divide a frota desta regata, houbo dominio
do Cámping Ría de Arousa, que se sentiu especialmente cómodo con estas condicións e impúxose
no seu grupo desde os primeiros compases. Segundo posto para o rianxeiro Fanciulla e terceiro A Píllara, do CND de Ribeira.

Na clase Cruceiro, que se esperan unhas xornadas especialmente igualadas, o primeiro en levar o gato á auga foi o Galopín, de Manuel Franco, que acadou vitoria por dous escasos minutos sobre o Orlando, de Gerardo Sánchez. Pecha o podio provisional o Thor II, de Guillermo Varela.

A seguinte manga desta Liga celebrarase o próximo 12 de Febreiro en augas de Rianxo e será a terceira do seis etapas que forman esta Liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.