Boiro reforzará con máis de 111.000 euros do POS+ os servizos sociais comunitarios

11 Febreiro 2022

O Concello de Boiro, na sesión plenaria celebrada este mércores 9 de febreiro, aprobou a participación no POS+ adicional 2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. A contía destinada a estes gastos é de 111.083,33 euros que dende o Consistorio van investir en reforzar os servizos sociais comunitarios.

Raúl Treus e José Ramón Romero

O alcalde José Ramón Romero e o concelleiro Raúl Treus fixeron saber que esta achega provincial procedente da Deputación reforzará unha partida que xa de por si viña fortalecida: no último ano o Concello aumentou a partida destinada aos servizos sociais municipais en 600.000 euros, chegando ao 1.700.000 euros, que agora increméntanse ao sumar a contribución provincial.

O rexedor engade que “nos últimos dous anos o servizo foi obxecto de importantes melloras, co aumento da partida orzamentaria a e a coordinación entre o departamento de Servizos Sociais e as entidades sociais do municipio”.

O Concello de Boiro xa participou desta convocatoria no ano 2021, mediante a que se puido chegar a un total de 130 persoas do municipio con algún tipo de necesidade.

As liñas de traballo ás que se vai destinar a contribución provincial son as seguintes:

Ampliación persoal técnico e/ou administrativo – 53.285,92 euros

Reforzar o equipo actual do departamento de Servizos Sociais coa contratación temporal e extraordinaria de persoal técnico, concretamente un educador/a social e un psicólogo/a.

Axudas de emerxencia ás persoas ou familias en risco de exclusión social – 10.000,00 euros

Ampliar a dotación de partidas municipais destinadas a estas axudas de emerxencia social con prestacións non periódicas de natureza económica e subvencións destinadas a aquelas persoas ou unidades de convivencia cuxos recursos resulten insuficientes para facer fronte a gastos específicos para asegurar a cobertura das necesidades básicas como vivenda, alimentación, transporte, electricidade, educación, gastos médicos ou farmacéuticos…

Ampliación do servizo de axuda a domicilio – 21.797,41 euros

Achegar ás persoas inmobilizadas ou con dificultades para saír das súas vivendas por problemáticas de saúde, servizos de rehabilitación no domicilio, traballos de peiteado, podoloxía ou entrega de menús.

Reforzo dos servizos para atención a persoas sen fogar – 1.000,00 euros

Axudas económicas para a acollida e aloxamento de maneira urxente e temporal a persoas en situación de emerxencia social, facilitándolles un espazo digno no que aloxarse e favorecendo a cobertura de necesidades básica.

Medidas sociais de carácter extraordinario – 10.000,00 euros

Axudas destinadas a persoas con recursos económicos insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario.

Equipamento técnico asistencial – 5.000 euros

Adquisición de equipamento técnico asistencial para cesión como camas, cadeiras de rodas, grúas, e calquera outro material ou equipamento que precisen logo dunha valoración dos profesionais dos servizos sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.